O videoblog
Pensaredes que estou acostumado a iso dos “flashes”, ás fotos e a estar nas pantallas audiovisuais e que todo iso xa non me afecta, nen frío nen calor. Pero non é así. Aínda me sinto un pouco raro cando me vexo nun xornal, ou na tele ou cando me escoito logo nunha radio. Sempre pensas que poderías ter saído mellor, que se te puxeras tal cousa estarías cecáis mais favorecido, que vaia voz que teño hoxe,…Remexo e dou voltas co conto da imaxe, por iso ás veces non quero nin verme e menos escoitarme. É algo así como se me dera certa vergoña e procuro evitarme.
Hoxe teréi esa sensación. Por qué? Porque na sede nacional van presentar o denominado videoblog de Quintana. Sona como se viñera do espazo, ou polo menos esa foi a miña primeira sensación cando me escoitei a definición. Son un teórico, creo moito en todo isto das novas tecnologías aínda que non son practicante puntual e escrupuloso. Conste que abro a porta a todo o que veña da mán das novas tecnoloxías, gosto de estar ao tanto da modernidade virtual, ainda que cada día se complica máis. Aprendín que a cousa do videoblog ten unha definición que supera mesmo á televisión convencional, está programado con software libre, evita o rollo porque o estilo será informal e a actualización vai ser case diaria. E agora vén o bón, permite a participación vosa con comentarios, envío de videos con mensaxes ou cuestións.
Teredes o enlace para entrar na idea na mesma páxina web do BNG. Mirade a ver que vos parece e logo me contades. Por suposto que admito as críticas, mellor se son constructivas que así tomo nota. Xa veredes que aí dentro, na virtualidade, poderes ver un feixe de videos nos que aparezo en diversas situacións que teñen relación directa co que fago. Por aí está o spot realizado para presentar o videoblog, unha entradiña amena que dá idea de por onde van os tiros.
É indiscutíbel que iso das imaxes é algo atraínte, que entra ben polos ollos e que é moito máis doado de seguer que se te pós a ler textos e textos. Pulsas e miras, máis cómodo si que é, sen dúbida. Unha nova maneira de intentar a comunicación máis entretida desde logo. Xa me contades que vos parece.




