Voltamos a ser decisivos
Creo que paga a pena seguer a falar dos Orzamentos Xerais do Estado para o vindeiro ano. Eu que gosto do fútbol diría que foi un golazo o que marcou o BNG na negociación co Goberno. Non son só os 125 millóns adicionais que logramos para Galiza, está a axilización do traspaso das cuestións competenciais pendentes desde hai un ano. Está a creación da Comisión de Seguimento das Infraestruturas antes de Nadal, importante para comprobar a marcha do tan manoseado tren de alta velocidade. E como non, está a mellora da financiación da lei de Dependencia para Galiza. Que? Para quedarse pasmado, xa volo dixen anteriormente. Un moi bón acordo. Si, claro, hai outras moitas cousas que non están, pero niso consiste un pacto, en negociar para chegar a un acordo e se esa é a pretensión, todo non pode ser.
O fundamental e que saímos gañando galegos e galegas e que, feitos como este, nos axudan a subir a autoestima, nos dan un subidón de adrenalina. É un avanzo para nós como pais poder estar na cima da política estatal, poder incidir e influir, en definitiva, sermos decisivos para a gobernabilidade do Estado. Todo iso con dous deputados no Congreso, e pensar que hai outras forzas políticas que contan con once parlamentares e non son capaces de conseguir absolutamente nada para Galiza. E por riba, permítense o luxo de criticar o que o BNG conseguíu. Resulta cando menos insólito.
En fin, que en tempos de ausencia de iniciativa, todo vale para algúns.
Mentras, en formacións políticas como o BNG nos adicamos a traballar e a esforzarnos por aportar medidas e actuacións que servan para rebaixar os efectos da crise económica. Sexa no Goberno da Xunta, ou sexa incluso coa negociación dos Orzamentos estatais que redundarán no noso territorio.




