Un éxito na Lei de Dependencia


No meu ir e vir á capital do Estado, arranxamos un tema de especial relevancia para Galiza. Outro paso máis que amosa ás claras a fortaleza da posición do BNG na política estatal. Estamos e contamos, e iso revirte no pais.

O meu paso por Madrid foi para pechar coa Ministra de Educación, Mercedes Cabrera, diversos aspeitos relacionados cos servizos sociais, en particular coa Lei de Dependencia.
Os 100 millóns de euros acadados para o financiamento da Lei de Dependencia na Galiza é unha boa noticia. É un recoñecemento en toda regla de que a aplicación desta importante lei no noso territorio posúe características específicas. Por iso, era necesario que o Goberno nos garantise o financiamento necesario para facer fronte á parte de cofinanciamento estatal dos servizos e prestacións nos anos 2008 e 2009.
As cousas como son, e como dirían os vellos, a verdade no seu sitio, adoecíamos dunha Lei de Dependencia mal financiada, con moita tesoura do Estado. Agora, o futuro pinta doutra maneira e cabe o optimismo. Temos conseguido que o Estado reporte polo menos os fondos que lle corresponden.

Así, si que podemos traballar para que o desenvolvemento da dependencia non estea plagado de atrancos.

Deixar unha Resposta