Nasce a Lei Galega de Servizos Sociais


Esta semana o Parlamento galego deu luz verde á Lei Galega de Servizos Sociais. Unha lei que nasce cun magnífico amparo pois non foi perceptora de votos en contra. O BNG e o PSOE apoiamos a norma e o PP se abstivo. Penso que é unha boa acollida para se botar a andar.
Teño que remarcar que non foi unha lei fácil, non foi produto dunha ocurrencia nen dunha tarde de traballo da equipa de Vicepresidencia. Parte dun amplo proceso participativo no que tiveron cabida organizacións, institucións e cidadáns implicados na materia. Sen esquecer as achegas dos grupos parlamentares. Así que o resultado final é mais que satisfactorio.

A lei suporá a implantación da tarxeta social, o primeiro documento de identidade universal para todos os cidadáns galegos. E que poderíamos observar como un símbolo da lei.
A norma galega de Servizos Sociais supón a posta en marcha dun marco lexislativo que será a base dun sistema nacional de benestar propio, para o noso pais. Ademáis, ten marca personal, un perfil propio que non precisou da copia de formatos externos xa que atende á realidade e ás necesidades de Galiza. Por definición, é a rede pública e universal do sistema de benestar galego que ve a luz nun momento de estraordinaria necesidade, nun contexto de crise económica e cando máis se precisa do amparo dos servizos sociais.

Unha Resposta a “Nasce a Lei Galega de Servizos Sociais”

  1. hoqaluxeky Di:

    hoqaluxeky…

    Hollister Myspace Layouts For Guys

Deixar unha Resposta