quen son

A miña infancia e a miña familia

quintana-en-1967-724194.jpgNon teño antecedentes exentos de historia política, quizáis me veña de familia, ao mellor hai casos nos que se leva na sangue. O meu avó paterno foi alcalde de Allariz antes da República, e o meu avó materno, republicano, chegou a alcalde de Allariz na II República. Amén de tíos meus que sofriron a represión franquista e tiveron que exiliarse.

O meu pai e a miña nai estudaron maxisterio pero ao casar ambos se decantaron polo comercio e se estabeleceron en Vigo. Aínda que eu nascín no sanatorio de Santa Cristina en Ourense no ano 1959, vivimos en Vigo a miña infancia. Alí estudei nos Jesuitas, pasaba os veráns en Allariz. Logo voltaríamos á vila alaricana.

futbolUnha das miñas paixóns desde neno é o fútbol. Non é por querer lucirme sen xeito, pero fun un moi bó xogador de fútbol. A miña especialidade: dianteiro centro. Para que vexades que non estou facendo un exercicio barato de exhibicionismo, saberedes que sendo xa concelleiro de Allariz o entrenador do Elche quixo ficharme para que comezara carreira no fútbol profisional. Posibilidade que descartei porque xa tiña a política no meu punto de mira, era a miña prioridade.

Xoguéi na liga rexional co Allariz, equipa na que tamén xogaba o actual alcalde alaricano, Francisco García. A verdade é que boto en falla xogar algún partidiño, se tivera tempo. Iso sí, son un asiduo dos partidos do Celta, en canto podo me escapo a Balaídos.


A miña xuventude

quintana1979-792955.jpgFun á Universidade de Santiago a estudar medicina e curséi dous anos de carreira. Daquela xa comecei a militar no nacionalismo, e o meu grao de implicación foi tal que pensei en deixar os estudos. Continuéi até o segundo curso pero aí o deixei a pesar da insistencia e do disgusto dos meus pais. Iso sí, estudei e rematéi enfermería en Vigo pero sen deixar de lado o meu compromiso político que cada vez foi maior.

A enfermería exercínna no hospital Xeral de Ourense pero como vedes deixéina pola política.

A miña militancia no nacionalismo iniciouse no ano 1977, e traballei especialmente no sindicalismo agrario nacionalista. Lembro que con 18 anos fixen a miña primeira intervención política perante douscentos agricultores en Xunqueira de Ambía. Vaia nervos que paséi, pero logo te pós, e parece que as palabras flúen soas. É como unha descarga eléctrica que te pón en marcha e logo non paras.

Participei na fundación do BNG, aínda que na Asambleia constitutiva do ano 1982 non estiven presente porque daquela era obrigatorio facer a mili, e alí estaba eu co servizo militar en Alicante e en Valencia. Menos mal que agora non pasades por iso


Allariz

quintanabis1989-703021.jpgO meu labor político no concello de Allariz comezou no ano 1983 como concellal. E foi en 1989 cando me convertín en alcalde da vila. Polo que se dí, e algún que outro premio me avala, non o fixen mal na alcaldía. Para mín foi outra obsesión recuperar o casco histórico de Allariz e mellorar os servizos sociais do concello.

En fin, Allariz mereceu o Premio Europeo de Urbanismo por como quedou grazas ao traballo da equipa que tiñamos no concello. De feito, todo ese labor segue a ser moi valorado, pois os meus compañeiros e compañeiras do concello alaricano son moi demandados nas Universidades, en foros e conferencias sobre cuestións urbanísticas.


Senado, Portavocía Nacional e Goberno galego

quintana_despacho.jpgO 2000 foi o ano en que fun designado senador por Comunidade Autónoma. A mín elexíronme no Parlamento galego para representar a Galiza na Cámara Alta. Fun un dos senadores por designación autonómica.

Sabía que ía a unha Cámara que estaba moi lonxe de ser unha auténtica Cámara de representación territorial, pero iso non era excusa para non traballar. Até o 2005 percorrín o hemiciclo e as salas do Senado coas miñas iniciativas parlamentares. Cargo de representación que compaxinei coa portavocía nacional do BNG desde finais do ano 2003.

O 2005 foi o ano do cambio, unha data histórica para o nacionalismo galego. A cidadanía galega puxo fin á “era Fraga” e o BNG, por primeira vez na Historia, entrou no goberno galego. O 2 de Agosto dese ano asumín a Vicepresidencia do Goberno galego e a Consellería de Benestar Social. Áreas desde as cada día me empeño en demostrar que con traballo, cos ollos postos nas necesidades dos galegos e galegas, se poden conseguir moitas cousas.


Paternidade

quintanario-760601.jpgFago un aparte co tema da paternidade porque supuxo un feito especial na miña vida. O nascemento de Lía e de Xabier en febreiro de 2006 tróuxome un mundo de sentimentos e sensacións que nunca experimentara antes. É unha vivencia indescriptibel que de seguro entenderedes moi ben os que sodes pais e nais. Por suposto que cambia a vida, sobre todo se veñen dous xuntos como me sucedeu a min cos dous cativos.